IMOS DE EXCURSIÓN!

Con esta última actividade damos por rematado o noso proxecto sobre a praia, esperamos que vos guste.

Nesta actividade o alumnado irá á praia, deste xeito poderán experimentar en primeira persoa todo aquilo que estiveron vendo na aula durante o proxecto. Os nenos e nenas terán a oportunidade de ver os crustáceos, as embarcacións, tocar a area, a auga, etc. Consideramos importante que os nenos poidan ter experiencia directa co seu entorno. 

E con isto…rematamos! Esperamos que vos gustara este proxecto tanto como a nós.

Resultado de imagen de playa galicia

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

APRENDENDO A CONTAR

Esta actividade ten dúas finalidades. En primeiro lugar, grazas a ela o alumnado poderá coñecer mellor a fauna que abunda no mar, sobre todo preto da costa. Ademais, servirá para que os nenos e as nenas melloren a súa habilidade lóxico matemática de maneira entretida.

Esta actividade está composta por unhas imaxes e unha serie de números. O que o alumnado debe facer para realizala de forma satisfactoria é tentar unir cada foto co seu número correspondente.

Para isto, precisa contar o número de obxectos que hai en cada imaxe e relacionalo co número indicado na pantalla. Por exemplo: se na imaxe hai cinco cangrexos debe escoller o número cinco.

 

Captura de pantalla (10)

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Unha sopa chea de embarcacións!

Esta actividade foi elaborada coa finalidade de que os nenos e nenas da aula realicen unha sopa de letras cos nomes dalgunhas das embarcacións que podemos atopar nas costas galegas.

As imaxes foron recollidas no porto de Rianxo e preténdese que o alumnado mellore a lectoescritura e que ao mesmo tempo sexa capaz de relacionar cada unha das fotos cos diferentes nomes das embarcacións mostradas na actividade.

Deste xeito os nenos e nenas poderán ampliar a fotografía para coñecer mellor como son físicamente as embarcacións, o seu tamaño, forma, etc.

 

Captura de pantalla (9)

Captura de pantalla (8)

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Mariños ou Terrestres?

Captura de pantalla (4)A seguinte actividade consiste en que os nenos e nenas da aula clasifiquen os seguintes animais en terrestres ou mariños. No caso de que cometan algún erro poderano seguir intentando ata rematar a actividade de forma satisfactoria.

O que pretendemos conseguir con esta actividade de clasificar é que os alumnos e alumnas aprendan a diferenza entre terrestres e mariños, así como que saiban distinguir que animais pertencen a cada entorno. Ao mesmo tempo, estaremos preparando ao alumnado con respecto a clasificación de obxectos segundo categorías.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

HORA DE LER!

Despois de que o alumnado vira a película “Vaiana”, proseguimos cunha actividade de cotacontos.

A lectura é moi importante na vida adulta e en Educación Infantil é fundamental facer unha primeira achega á mesma.

Á maioría dos alumnos e alumnas gústanlles os contos. Ademais trátase dunha actividade que non é unicamente lúdica, senon que tamén serve para incrementar o seu vocabulario, traballar a súa capacidade de atención e como introdución a determinados temas.

O noso proxecto trata sobre a praia, por iso escollemos este libro titulado “O libro da illa de illa de Ons”. Este libre serviranos para introducir aos nenos e nenas no proxecto de maneria entretida. Ademais, valerá para que aumenten os seus coñecementos previos sobre o tema.

1-IMG_20170426_172846

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

VAMOS AO CINE!

Para comezar o noso proxecto e poder introducir o tema que se vai a traballar, mostrarémoslle ao alumnado unha película relacionada coa praia.

Este filme, titulado Vaiana, servirá para que os nenos e nenas vexan como é unha praia, o que poden atopar nela, a súa vexetación características e as actividades que se poden realizar nela.

Desta maneira, o alumnado terá unha idea xeral sobre o tema do proxecto e partirá cuns coñecementos previos.

 

pt_moana_flexhero_fallback_r_facb0000

 


 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

PROXECTO A PRAIA

Neste blog imos a mostrar como avanza o noso proxecto sobre a praia.  Dito proxecto está pensado para  o segundo ciclo de Educación Infantil. Ademais, a súa finalidade é que o alumnado coñeza mellor a praia, o que a rodea e o que acontece nela.

Co noso proxecto os nenos serán capaces de distinguir a fauna e vexetación características da praia.  Tamén se traballarán aspectos curriculares como a autonomía persoal e coñecemento de sí mesmos.

Para a realización deste proxecto empregaremos actividades feitas co programa Ardora.  Estas actividades permitirán que os nenos aprendan de maneira activa e entretida, ademais de estar fomentando o uso das TIC entre os máis pequenos. Tamén empregaremos outros recursos como a visualización de películas e a lectura de contos.

Grazas a este proxecto, os nenos estarán traballando as competencias básicas a medida que van adquirindo novos coñecementos sobre a praia e que lles serán útiles nun futuro.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Ola mundo!

Te damos la bienvenida a Blogs Climántica. Este es tu primer artículo. Edítalo o bórralo… ¡y comienza a publicar!

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario